


A responsabilidade social empresarial xurdiu como resposta aos grandes escándalos económicos que afectaron a grandes compañías no período comprendido entre os anos 2001 e 2003.
Por outra banda, outras grandes entidades vense inmersas en escándalos sociolaborais que inflúen negativamente na súa reputación. Estes feitos impulsan a publicación de varios documentos desde o Pacto Mundial das Nacións Unidas (2000) até o Libro Verde sobre o Fomento dun marco europeo para a promoción da RSE (2001).
Non hai que esquecer tampouco o contexto ambiental; existe, desde o Cumio de Estocolmo en 1972 até os nosos días, unha preocupación crecente sobre como compatibilizar o desenvolvemento económico co desenvolvemento social e ambiental, garantindo un uso sustentable dos recursos naturais, nun contexto de solidariedade intra e interxeracional.
Pretende xuntar nunha estratexia de xestión, a creación de valor económico, social e ambiental, a curto e longo prazo, tendo en conta nas súas políticas a articulación dos intereses dos diferentes stakeholders (ou partes interesadas), para achegarse cada vez máis ao modelo de empresa sustentable.
¿Que papel xoga a RSE na sustentabilidade empresarial?
A sustentabilidade enténdese como aquel desenvolvemento que permite satisfacer as necesidades das xeracións presentes sen comprometer as posibilidades das do futuro para atender as súas propias necesidades (Informe da Comisión Mundial sobre o medio ambiente e o desenvolvemento. Comisión Bruntland:O noso futuro común).
O desenvolvemento sustentable debe apoiarse en tres pilares: o desenvolvemento económico, o desenvolvemento social e a protección ambiental. Mentres este desenvolvemento é unha estratexia de carácter global, que afecta ao conxunto da sociedade, a RSE funciona a unha escala máis pequena, afectando ás empresas. Por iso, cando tratamos a sustentabilidade empresarial, é preciso achegar esta definición ao mundo da empresa. Así, teremos que falar de:
Os beneficios tanxibles teñen que ver co aforro na factura da luz, da auga, dos consumibles e materias primas, etc. E, os intanxibles, coa posibilidade de que se nos abran mais portas para negociar con grandes empresas e coa Administración, e un maior recoñecemento dos consumidores e da competencia.
Outras vantaxes importantes son as que reporta con relación aos traballadores. Así, se estes entenden o que ocorre na empresa, terán un mellor estado de ánimo, nos reteremos mellores equipos de traballo porque están orgullosos de traballar na empresa, o que redundará na productividade e calidade dos productos que esta ofrece. Un bo clima laboral inflúe moi positivamente na reputación da empresa. Así e todo, as empresas non deben embarcarse en actividades de RSE que non contribúan a crear valor. Non debe converterse nunha carga, senón nunha axuda. Non podemos confundir a RSE con facer só unha memoria de sustentabilidade; se non se crea valor, a RSE suporá unha carga para a organización.