

En PREVISONOR queremos xogar un papel importante na sociedade na que desenvolvemos a nosa actividade. Queremos chegar a ser unha organización sustentable desde todos os puntos de vista: cunha xestión financeira responsable, cunhas políticas socio-laborais que nos fagan destacar dentro do sector e que nos permitan incorporar ao noso persoal ás persoas mellor cualificadas, e, por último, con actuacións que minimicen o impacto ambiental que poidamos causar ao noso entorno.
Así, é a nosa intención desenvolvernos introducindo a responsabilidade social corporativa nos nosos plans estratéxicos, permitindo participar as nosas partes interesadas e establecendo un diálogo con elas, de tal xeito que poidamos incorporar as súas expectativas á nosa xestión da organización.
É por todo isto que no ano 2007 decidimos adherirnos ao Regulamento EMAS, obtendo a verificación do noso sistema de xestión ambiental nese mesmo ano, que está ademais integrado cun sistema de xestión da calidade e certificado de acordo ás normas UNE EN ISO 14001:2004 e UNE EN ISO 9001:2000. Desta maneira, controlamos os nosos impactos ambientais e tentamos minimizalos na medida do posible.
Agora queremos dar un paso máis, e, en novembro do 2008, realizamos un diagnóstico da situación da empresa en materia de responsabilidade social empresarial. As conclusións deste diagnóstico foron:
Hai unha boa relación cos grupos de interese.
Destaca a creación de emprego no último exercicio e o número de horas de formación aos traballadores.
É moi positivo o dato da productividade do emprego, que sinala que a eficiencia comercial por termo medio dos traballadores é moi elevada.
Tamén é un aspecto a destacar o aumento do número de clientes a pesar da forte competencia.
Os aspectos ambientais son unha fortaleza clara da organización.
A partir dos resultados do diagnóstico vaise establecer un plan de actuacións que será executado nos vindeiros meses. Despois se avaliará para comprobar a súa eficacia e se comunicarán os resultados aos grupos de interese, a través dunha memoria de sustentabilidade.
